Mañá comezan as reunións do Clube de Lectura de 2º de Bacharelato. As propostas que adxuntamos aquí responden ao desexo de elaborar un pequeno catálogo de obras de interese que non excedan os tempos dos que imos dispoñer. Por iso, todas as obras permiten a lectura presencial na aula.
Eleximos a poesía porque pode ser un xénero de lectura moi pracenteira. Tamén está na nosa intención desmontar os tópicos que a presentan como a linguaxe máis críptica da literatura. A nosa pretensión é demostrar que hai moitas poesías baixo o paraugas da Poesía.
E nestes tempos de chuvias, que hai máis protector que un paraugas...
E nestes tempos de chuvias, que hai máis protector que un paraugas...
- Vídeo poesía.
- Poesía pintada. [Batania / Neorrabioso]
- Poesía visual. [ Chema Madoz / Joan Brossa ]
- Poesía escrita. [Wislawa Szymborska / Billy Collins / Oliverio Girondo / Roger Wolfe / Isla Correyero / Fernando Pessoa...]
- Poesía cantada. [Lou Reed / Nick Cave / Tom Waits / Enrique Urquijo / Nacho Vegas, Bob Dylan...]
- MIcroformas 01: [ haikus 01 / haikus 02 ... ]
- MIcroformas 02: [ greguerías 01 / greguerías 02...]
- MIcroformas 03: [ aforismos 01 / aforismos 02...]
- Microformas 04: [Seísmos: Javier Puche]
- Microformas 05: [ microrrelatos 01 / microrrelatos 02...]
**********
Todo o que nos sexamos capaces de dicir nas reunións, pode chegar aos demáis a través dos comentarios neste blogue ou no Facebook da Biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario