Na última reunión do Clube de Lectura Adultos Aguiar, comezamos falando do próximo encontro: o día sábado 2 de maio, se exhibirá a película de Ignacio Vilar ás 8 do serán. O precio da entrada é de cinco euros. Tras a película membros do equipo estarán á disposición dos espectadores (entre os que contamos estar os que participamos no clube de lectura), para iniciar un coloquio.
Xa deixamos elexida a próxima lectura: a novela da irlandesa Maggie O'Farrell A desaparición de Esme Lennox, tamén traducida ao castelán.
Despois a conversa tivo por finalidade a disección desa novela complexa que é El padre de Blancanieves. A pluralidade de voces narrativas (incluida a voz neutra do colectivo), o estilo ensaístico (as veces planfetario) e a temática incómoda, desencadearon un fluido intercambio de pareceres que resultou fecundo, tanto cando reparabamos na cosntrucción eficaz da persoaxe de Enrique, ou cando discutiamos si era creíble o de Manuela.
E si...
Acabamos falando de política...
pero so un chisquiño...
Ningún comentario:
Publicar un comentario