martes, 14 de xaneiro de 2014

14 DE XANEIRO 13


   Que como foi todo? Pois, ben, tendo en conta que era a primeira maxi-reunión simultánea. Quedar a comer no centro e ter que abrir o salón de actos para podernos remexer é unha alternativa. Darlle vacacións a timidez para soltarse a falar é unha decisión de velocidade lenta. Ter a decisión de dicirlle aos profes que certos libros son infantís, esixe unha vontade firme. En fin, resumindo, todo moi bonito e precioso?

   Lados escuros hai. Por exemplo: algúns rapaces de primeiro confesaron que cando se anotaran no club, máis que por ler en compañía o fixeran por vir comer ao Instituto. Aquí, pais e nai gastronómicas betanceiras, algo non casa. Sei que os martes tedes todas e todos no menú día verdura? É o día municipal do repolo de Betanzos que ten aos vosos fillos tan fartos? Prefiren pasar fame enganado o estómago coas poucas larpeiradas que lles deron os profesores?

   Ou será que con as ás deses libros venlles chegando o desexo de voar!




Ningún comentario:

Publicar un comentario