xoves, 30 de outubro de 2014

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA ADULTOS AGUIAR: El olvido que seremos


HÉCTOR ABAD FACIOLINCE, El olvido que seremos, Booket, Barcelona, 2011, 420 páxinas.

**********

Comezamos esta segunda edición coa reunión inicial dos membros de Clube de Lectura Adultos Aguiar.

Esta vez, despois da benvida aos novos participantes, acordamos as datas das próximas citas: o luns 17 de novembro verémonos de novo na nosa Casa de Acollida, a Libraría Biblos, á que temos que agradecer o mimo e a cordialidade coa que nos agasallan.
A primeira lectura xa estaba escollida: El olvido que seremos de Héctor Abad Faciolince.
A ninguén se lle ocorriu obxetar despois da lectura que fixo Óscar do texto que aquí deixamos, recordando que o noso é un Clube Aberto, no que sempre haberá un oco para que o queira encher. Porque o sentido da existencia desta actividade segue a ser tender pontes que axuden a construir ese proxecto que nos implica en paridade: a educación dos rapaces e rapaces, que estando agora nas aulas do Aguiar, pronto serán os individuos que rexerán o mundo: un mundo que precisa unha nova ollada (con)vencida pola sensibilidade. 


   Mi papá siempre pensó, y yo le creo y lo imito, que mimar a los hijos es el mejor sistema educativo. En un cuaderno de apuntes (que yo recogí después de su muerte bajo el título de Manual de tolerancia) escribió lo siguiente: «Si quieres que tu hijo sea bueno, hazlo feliz, si quieres que sea mejor, hazlo más feliz. Los hacemos felices para que sean buenos y para que luego su bondad aumente su felicidad». Es posible que nadie, ni los padres, puedan hacer completamente felices a sus hijos. Lo que sí es cierto y seguro es que los pueden hacer muy infelices. Él nunca nos golpeó, ni siquiera levemente, a ninguno de nosotros, y era lo que en Medellín se dice un alcahueta, es decir, un permisivo. Si por algo lo puedo criticar es por haberme manifestado y demostrado un amor excesivo, aunque no sé si existe el exceso en el amor. Tal vez sí, pues incluso hay amores enfermizos, y en mi casa siempre se ha repetido en son de chiste una de las primeras frases que yo dije en mi vida, todavía con media lengua:
   —Papi: ¡no me adores tanto!
   Cuando, muchos años más tarde, leí la Carta al padre de Kafka, yo pensé que podría escribir esa misma carta, pero al revés, con puros antónimos y situaciones opuestas. Yo no le tenía miedo a mi papá, sino confianza; él no era déspota, sino tolerante conmigo; no me hacía sentir débil, sino fuerte; no me creía tonto, sino brillante. Sin haber leído un cuento ni mucho menos un libro mío, como él sabía mi secreto, a todo el mundo le decía que yo era escritor, aunque me daba rabia de que diera por hecho lo que era solo un sueño. ¿Cuántas personas podrán decir que tuvieron el padre que quisieran tener si volvieran a nacer? Yo lo podría decir.
   Ahora pienso que la única receta para poder soportar lo dura que es la vida al cabo de los años, es haber recibido en la infancia mucho amor de los padres. Sin ese amor exagerado que me dio mi papá, yo hubiera sido alguien mucho menos feliz.

Héctor Abad Faciolince

luns, 27 de outubro de 2014

CLUBES DE LECTURA 2014 / 2015


CLUBES DE LECTURA 2014 / 2015

   Non é certo que os libros non deixen ver. Ler, di Fernando Pessoa, é soñar da man doutro. É por iso que comezamos esta semana a entrega dos libros para preparar a próxima reunión dos Clubes de Lectura. E, felices, podemos dicir que esta ano somos moitos máis: 256 participantes.
   Ese pode ser o camiño para converternos en mellores lectores.

  • PRIMEIRO DA ESO (ÁLBUM ILUSTRADO). [19 alumnos / 2 grupos]
    SHAUN TAM, La cosa perdida, Bárbara Fiore.
    GREGIE DE MAEYER & KOEN VANMECHELEN, Juul, Lóguez.
    BERTA DÁVILA & INMA DOVAL, A fuxida, Biblos.
    PAULA CARBALLEIRA & SONJA DANOWSKI, O principio, Kalandraka.

  • SEGUNDO DA ESO.  [60 / 5 grupos]
     JOSÉ MARÍA PLAZA, Me gustan y asustan tus ojos de gata, Planeta.
     MARCOS CALVEIRO, Todos somos, Xerais.
     J. SANTAMARÍA & P. ALONSO, Antoloxía do relato policial, Vicens Vives.
     JACK LONDON, A chamada da selva, Xerais.
     ROBERTO SANTIAGO & JESÚS OLMO, Prohibido tener catorce años, Edebé.
    
  • TERCEIRO DA ESO. [45 alumnos / 4 grupos]
     JOHN GREEN, Bajo la misma estrella, Nube de tinta.
     ALFREDO GÓMEZ CERDÁ, El rostro de la sombra, SM.
     ANDREA MECEIRAS, Nubes de evolución, Xerais.
     MARK HADDON, O curioso incidente do can á media noite, Rinoceronte.
  • CUARTO DA ESO.   [19 alumnos / 2 grupos]
     ART SPIEGELMAN, Maus, Reservoir Books.
     ARTURO PÉREZ REVERTE, La sombra del águila, Punto de Lectura.
     ROSA ANEIROS, Ás de bolboreta, Xerais.
 
  • PRIMEIRO DE BACHARELATO.   [42 alumnos / 3 grupos]
     SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte.
     MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia.
     MAITE CARRANZA, Palabras envelenadas, Rodeira.
    
  • SEGUNDO DE BACHARELATO.   [70 alumnos / 3 grupos]
     Lecturas presenciais de:
  1. curtametraxes, 
  2. pintadas, 
  3. poesía visual, 
  4. poesía escrita,  
  5. microrrelatos, 
  6. haikus, 
  7. greguerías, 
  8. aforismos...
  • CLUBE ADULTOS AGUIAR.   [20 lectores / 1 grupo]
     HÉCTOR ABAD FACIOLINCE, El olvido que seremos, Seix Barral.
     CRISTINA SÁNCHEZ-ANDRADE, Las inviernas, Anagrama.

Un libro vale polo número e a novidade dos problemas que crea, anima ou reanima.

Paul Valéry


Ilustración: Ekaterina Panikanova


Ilustración da portada: Quint Buchholz

QUINT BUCHHOLTZ, En el país de los libros, Nórdica, Madrid, 2014.

venres, 24 de outubro de 2014

ENTREGA DOS LIBROS AOS 42 ALUMNOS DO CLUBE DE LECTURA DE 1º DE BACHARELATO


Non hai dúbidas: estas fotos están dispostas en orden inverso. 
Para posar cos libros na man os cuarenta e dous alumnos do Clube de Lectura de Primeiro de Bacharelato, antes hai que chamar por orde de lista a cada un dos inscritos, ver a quen lle corresponde ler a Sandra Cisneros, a quen lle toca levar A desaparición de Esme Lennox, quen se queda coas Palabras envelenadas.


Non é que no noso IES o mundo ande ao revés.


Os nosos alumnos elixen participar no Clube de Lectura.


Os nosos lectores elixen ler en galego.



PRIMEIRO DE BACHARELATO.   [42 alumnos / 3 grupos]

   SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte.
     MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia.
     MAITE CARRANZA, Palabras envelenadas, Rodeira.

martes, 6 de maio de 2014

ACTA DA SEGUNDA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE ADULTOS AGUIAR

ACTA DA SEGUNDA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE ADULTOS AGUIAR

Próxima reunión: 28 de maio
Hora: 19 horas
Lugar: Libraría Biblos
Próxima lectura: Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea


Cando os membros do Clube de Lectura de Adultos Aguiar chegaron a Biblos para a reunión, xa tiña comezado a cea.


O primeiro asunto: o narrador, Paul, consegue as simpatías do lector coas súas sátiras sobre os costumes da xente rica, sobre os rituais dos restaurantes, sobre a vacuidade dos políticos...


Certo é que algúns lectores comezaron a sospeitar de Paul... cando levaban lidas 100 páxinas.

Diso falábamos animadamente e aí estaba o biscoito que fixera María José intacto.

MIchael, un neno tan rubio, tan parecido ao seu pai, estaba a piques de chegar ao Restaurante.

É moi evidente que o novelista Herman Koch só pode empregar este punto de vista de narrador subxectivo para manter o interese nesta historia.

Se adoptara un narrador omnisciente... non habería historia.

Pais e nais estaban de acordo en que A Cea non é unha novela sobre os límites que os pais son capaces de traspasar para defender aos seus fillos, aínda que eses fillos asasinen ou participen como cómplices.


Pero pouco a pouco os vasos de plástico enchéronse de lágrimas de Porto.



Outro punto de encontro: todos pensamos que Claire resultou ser a persoaxe máis despreciable: ela non tiña excusa; o seu ADN non estaba tarado.


Ela é a manipuladora que deixa ao seu home sen tomar a medicación e move os fíos para que Serge non confese e, en consecuencia, os nenos bonitos non expíen a súa culpa. Colle unha copa de viño e córtalle a cara ao seu cuñado.
 
Happy end!

A familia feliz sobrevive ao naufraxio.

E que pasa coas vítimas? É verosímil que uns pais que saben que o seu fillo natural participou dun asasinato, voluntario ou involuntario, que saben que os seus cuñados fixeron todo o posible por encubrilos, non sospeiten da desaparición do seu fillo adoptivo?

E postos a falar de vítimas... que pouco se fala na novela da mendiga que foi executada por cheirenta... Chamábase Rosario Endrinal Petit.

Pero para o cociñeiro Herman Koch esa é outra historia.

xoves, 20 de marzo de 2014

ACTA DA PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE ADULTOS AGUIAR


Próxima reunión: 30 de abril
Hora: 19 horas
Lugar: Libraría Biblos

 
Cal é a primeira decepción?: Que son máis as mulleres que os homes?

Ou, que non somos chineses?

Pois ben: somos galegos, e aínda que o fotógrafo non soubo captar a beleza que, de tela, probablemente non resida nas nosas costas, aí andábamos a falar, no acolledor salón de actos de Biblos, cunha naturalidade que non existe no óleo chinés.


O fotógrafo destas instantáneas, foi Julián Ferrer. 


 Aparece sorrindo na zona esquerda do Gol Norte, que parece que, polo menos esa tarde, foi a cabeceira ocupada polos homes lectores. 

O hospitalario Tucho Calvo non se conformou con abrirnos as portas da súa casa. Agasallounos cun exemplar numerado firmado de Francisco Xavier Fernández Naval. Ademais fixo as fotografías nas que a xente fermosa sae coa fermosura que ten.

Falamos do sentido que podería ter reunirse co pretexto das lecturas que acordaríamos facer despois de elexir un horario de interese común:
o mércores de 19:00 en adiante. 
Ese serán rematamos as 20:30
(aínda que houbo algúns que foron tomar un café na terraza do Lanzós:
xente á que se lle cae a casa enriba, xa sabedes).

Estudamos a posibilidade de ler "in situ" algún conto, algún poema, algún libro ilustrado (mesmo explicamos a proposta coa escoita de ORACIÓN POR MIS PADRES de Jesús Aguado e a lectura superficial de La niña de rojo de Roberto Innocenti & Aaron Frisch.)

Pero a maioría preferiu empezar no formato clásico de lectura individual na casa.
As novelas nas que tiñan pensado os membros do Equipo da Biblioteca foron obras que tematizaran o noso presumible interese común: a educación. 
Por iso optamos entre unha comedia de Nick Hornby: Todo por una chica, e

unha traxedia de Herman Koch: A cea 



 E a maioría...
elexiu...

a   T R A X E D I A....

E logo din que a xente quere ler para se relaxar....

*********
O grupo non está pechado. De feito, xa necesitamos tres cadeiras máis.
Os que queiran sumarse poden poñerse en contacto connosco no correo seguinte:

bibliofranciscoaguiar@gmail.com



venres, 14 de marzo de 2014

11-M: DUN TSUNAMI LITERARIO CON EPICENTRO NO POZO DA SABEDORÍA...


Unha pregunta, con máis de cen ás, sobrevoa o IES Francisco Aguiar: Por que aumenta o número de nenos e nenas que deciden quedar unha vez ao mes polo mediodía no Insti?

Será polas interesantes lecturas propostas?


Será polas excelencias culinarias do Pepita's Bar?


Será polos corazóns de glucosa hipocalórica que endozan as sobremesas?

Nós aínda non temos resposta.

 
Arredor de noventa conciencias lectoras compartiron momentos de pracer e reflexión na intimidade...

ou en compaña dos mestres... 

ou a dos irmáns ou amigos.

Algúns buscaron a confortabilidade das aulas.







Outros elixiron un lugar estratéxico de Porquerizas' Town: o pozo da sabedoría.


Bajo la misma estrella.
José Manuel, Carmen, Gala S., Lorena, Aldara, María,
Uxía, Noelia,
Isolda, Carmela, Gala I, Irene,



A sabedoría da felicidade...
ou...
...a felicidade da sabedoría.