martes, 6 de maio de 2014

ACTA DA SEGUNDA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE ADULTOS AGUIAR

ACTA DA SEGUNDA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE ADULTOS AGUIAR

Próxima reunión: 28 de maio
Hora: 19 horas
Lugar: Libraría Biblos
Próxima lectura: Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea


Cando os membros do Clube de Lectura de Adultos Aguiar chegaron a Biblos para a reunión, xa tiña comezado a cea.


O primeiro asunto: o narrador, Paul, consegue as simpatías do lector coas súas sátiras sobre os costumes da xente rica, sobre os rituais dos restaurantes, sobre a vacuidade dos políticos...


Certo é que algúns lectores comezaron a sospeitar de Paul... cando levaban lidas 100 páxinas.

Diso falábamos animadamente e aí estaba o biscoito que fixera María José intacto.

MIchael, un neno tan rubio, tan parecido ao seu pai, estaba a piques de chegar ao Restaurante.

É moi evidente que o novelista Herman Koch só pode empregar este punto de vista de narrador subxectivo para manter o interese nesta historia.

Se adoptara un narrador omnisciente... non habería historia.

Pais e nais estaban de acordo en que A Cea non é unha novela sobre os límites que os pais son capaces de traspasar para defender aos seus fillos, aínda que eses fillos asasinen ou participen como cómplices.


Pero pouco a pouco os vasos de plástico enchéronse de lágrimas de Porto.



Outro punto de encontro: todos pensamos que Claire resultou ser a persoaxe máis despreciable: ela non tiña excusa; o seu ADN non estaba tarado.


Ela é a manipuladora que deixa ao seu home sen tomar a medicación e move os fíos para que Serge non confese e, en consecuencia, os nenos bonitos non expíen a súa culpa. Colle unha copa de viño e córtalle a cara ao seu cuñado.
 
Happy end!

A familia feliz sobrevive ao naufraxio.

E que pasa coas vítimas? É verosímil que uns pais que saben que o seu fillo natural participou dun asasinato, voluntario ou involuntario, que saben que os seus cuñados fixeron todo o posible por encubrilos, non sospeiten da desaparición do seu fillo adoptivo?

E postos a falar de vítimas... que pouco se fala na novela da mendiga que foi executada por cheirenta... Chamábase Rosario Endrinal Petit.

Pero para o cociñeiro Herman Koch esa é outra historia.

xoves, 20 de marzo de 2014

ACTA DA PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE ADULTOS AGUIAR


Próxima reunión: 30 de abril
Hora: 19 horas
Lugar: Libraría Biblos

 
Cal é a primeira decepción?: Que son máis as mulleres que os homes?

Ou, que non somos chineses?

Pois ben: somos galegos, e aínda que o fotógrafo non soubo captar a beleza que, de tela, probablemente non resida nas nosas costas, aí andábamos a falar, no acolledor salón de actos de Biblos, cunha naturalidade que non existe no óleo chinés.


O fotógrafo destas instantáneas, foi Julián Ferrer. 


 Aparece sorrindo na zona esquerda do Gol Norte, que parece que, polo menos esa tarde, foi a cabeceira ocupada polos homes lectores. 

O hospitalario Tucho Calvo non se conformou con abrirnos as portas da súa casa. Agasallounos cun exemplar numerado firmado de Francisco Xavier Fernández Naval. Ademais fixo as fotografías nas que a xente fermosa sae coa fermosura que ten.

Falamos do sentido que podería ter reunirse co pretexto das lecturas que acordaríamos facer despois de elexir un horario de interese común:
o mércores de 19:00 en adiante. 
Ese serán rematamos as 20:30
(aínda que houbo algúns que foron tomar un café na terraza do Lanzós:
xente á que se lle cae a casa enriba, xa sabedes).

Estudamos a posibilidade de ler "in situ" algún conto, algún poema, algún libro ilustrado (mesmo explicamos a proposta coa escoita de ORACIÓN POR MIS PADRES de Jesús Aguado e a lectura superficial de La niña de rojo de Roberto Innocenti & Aaron Frisch.)

Pero a maioría preferiu empezar no formato clásico de lectura individual na casa.
As novelas nas que tiñan pensado os membros do Equipo da Biblioteca foron obras que tematizaran o noso presumible interese común: a educación. 
Por iso optamos entre unha comedia de Nick Hornby: Todo por una chica, e

unha traxedia de Herman Koch: A cea 



 E a maioría...
elexiu...

a   T R A X E D I A....

E logo din que a xente quere ler para se relaxar....

*********
O grupo non está pechado. De feito, xa necesitamos tres cadeiras máis.
Os que queiran sumarse poden poñerse en contacto connosco no correo seguinte:

bibliofranciscoaguiar@gmail.com



venres, 14 de marzo de 2014

11-M: DUN TSUNAMI LITERARIO CON EPICENTRO NO POZO DA SABEDORÍA...


Unha pregunta, con máis de cen ás, sobrevoa o IES Francisco Aguiar: Por que aumenta o número de nenos e nenas que deciden quedar unha vez ao mes polo mediodía no Insti?

Será polas interesantes lecturas propostas?


Será polas excelencias culinarias do Pepita's Bar?


Será polos corazóns de glucosa hipocalórica que endozan as sobremesas?

Nós aínda non temos resposta.

 
Arredor de noventa conciencias lectoras compartiron momentos de pracer e reflexión na intimidade...

ou en compaña dos mestres... 

ou a dos irmáns ou amigos.

Algúns buscaron a confortabilidade das aulas.







Outros elixiron un lugar estratéxico de Porquerizas' Town: o pozo da sabedoría.


Bajo la misma estrella.
José Manuel, Carmen, Gala S., Lorena, Aldara, María,
Uxía, Noelia,
Isolda, Carmela, Gala I, Irene,



A sabedoría da felicidade...
ou...
...a felicidade da sabedoría.