martes, 5 de abril de 2016

EL SIMULACRO DE LO REAL EN BELÉN GOPEGUI


BELÉN GOPEGUI, Lo real, Anagrama, Barcelona, 2001, 388 páxinas.

   De Belén Gopegui tíñamos lido o curso anterior El padre de Blancanieves.
  Onte quedou claro que, aínda que Lo real non é unha lectura fácil, admite moitas intrepretacións e serve para a comprensión do mundo contemporáneo.
   Novela de arquitectura notable (narradora interposta, intromisións do Coro de los asalariados...) cuestiona que ten de real o que chamamos real. Así foi como o noso profesor de arte favorito, XL Mosquera, fíxonos reparar na simboloxía da imaxe coa que se ilustra a portada. Solicitou que a nosa mirada reparara no reflexo que proxecta o escudo de San Miguel Arcángel: a imaxe do pintor do óleo, se cadra, é o único real da novela. Tamén por iso, saíu a colación o caso tratado na moi recomendable película de Eduard Cortés, La vida de nadie (2002).

 


   Tematizando o cinismo na conduta de Edmundo, Almudena, Irene..., a pregunta era que personaxe merecía o noso respeto, cal pretendía vivir, con dignidade, fora do simulacro.

   Hai redención no final da historia?
  Quedan na retina do lector os campos de laranxeiras, o esteiro do Guadiana, as vistas do Algarve...; seguemos a ulir o perfume de azar.
   Escollemos esa fragancia para esquecer o noxo que desprende a tinta dos papeis de Panamá e deixamos soar no bucle do noso reproductor este tema de Rafael Berrio, tan ad hoc


Temo haber vivido mi vida como si ello fuera un simulacro,
Como si yo tuviera el don de vivir por mí dos veces
La de haber dejado a un lado la que importa en prenda de una vez futura
y haber malgastado en borradores la presente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario